«Alguns sentidos do termo “coraçon” na lírica galego-portuguesa»
Autor Vieira, Yara Frateschi
Título Alguns sentidos do termo “coraçon” na lírica galego-portuguesa
Otros autores J. Cañas Murillo - F. J. Grande Quejigo - J. Roso Díaz
Título revista/libro Medievalismo en Extremadura. Estudios sobre Literatura y Cultura Hispánicas de la Edad Media
Ciudad Cáceres
Editorial Universidad de Extremadura
Año 2009
Volumen vol. 2 (CD)
Páginas 673-683
Resumen
A análise deste vocábulo na lírica trobadoresca peninsular mereceu moita menos atención que o occitano cor nos estudos sobre esta última tradición poética. A autora centra a súa pescuda a partir dun repaso aos valores que asume o corazón no discurso ideolóxico medieval, así como no lugar que ocupa no proceso de innamoratio, de acordo coas doutrinas amorosas da época. Con todo, e a pesar do substrato cultural común, para a súa análise na tradición lírica trobadoresca, cómpre que se lle aplique unha análise diferenciada e, en concreto, dentro da galegoportuguesa, a autora escolle o corpus das cantigas de amor. Nelas documéntase ata en duascentas e trinta e oito pezas, cuxos campos sémicos e léxicos, son estudados na segunda parte do traballo. Salienta a importancia da asociación coa coita amorosa, pero tamén destaca outros empregos menos frecuentes, como no motivo da visión da dama, e mesmo a evolución cara a unha autonomización do corazón, que, como se documenta nunha cantiga de D. Denis, aparece á marxe do corpo do poeta xunto á dama. Así mesmo móstranse exemplos extraídos de composicións de Martin Moxa, Nun’Eanes Cêrzeo e Diego Moniz
![]()
