«Et de dona Guiomar nascio don Rodrigo Diaz de los Cameros. Figuras femininas no patrocínio da lírica galego-portuguesa (II)»
Autor Souto Cabo, José António
Título Et de dona Guiomar nascio don Rodrigo Diaz de los Cameros. Figuras femininas no patrocínio da lírica galego-portuguesa (II)
Otros autores E. Corral Díaz
Título revista/libro Voces de mujeres en la Edad Media. Entre realidad y ficción
Ciudad Berlín - Boston
Editorial De Gruyter
Año 2018
Páginas 9-32
Resumen
Advirte que as lagoas documentais que dificultan os estudos sobre a lírica galegoportuguesa, afectáronlle en especial ao coñecemento do papel desenvolvido polas mulleres na implantación e desenvolvemento desa tradición lírica. Logo de enumerar un elenco de figuras femininas, que puideron ter un papel activo no universo trobadoresco, entre as que aparecen raíñas, infantas, concubinas e nobres, centra a súa atención nalgunhas delas: Berengaria de Barcelona e Provenza, esposa de Afonso VII de Castela e León e filla de Ramón Berenguer III de Barcelona, que favoreceu o xurdimento da lírica galegoportuguesa e o intercambio poético da corte castelá-leonesa cos trobadores occitanos; María Fernández de Traba, irmá do conde Gonzalo Fernández de Traba e muller de Poncio Xerardo II de Cabrera, que ocupou un lugar destacado nas cortes de Afonso VII e de Fernando II de León; Urraca Fernández, muller de Xoán Airas de Nóvoa, da liñaxe dos Limas; Guiomar Rodríguez, nai de Rui Díaz de Cameros, casada con Fernando Ponce de Cabrera, o Maior, e con Diego Ximénez de Cameros; ou Maior Afonso de Meneses, dona de Rodrigo Gómez de Trastámara e célebre pola súa mención na rúbrica de «Vi eu donas en celado», a tenzón entre Pero Velho de Taveiros e Pai Soarez de Taveiros. En xeral, este conxunto de mulleres aparece non só como promotoras da actividade poética, senón mesmo como posibles familiares de trobadores das primeras xeracións líricas, tal que Garcia Mendiz d'Eixo, Johan Velaz ou Nuno Fernandez de Mirapeixe
![]()
