«Ieu m’escondisc, domna: la disculpa entre sonrisas de un señor feudal»
Autor Seoane, Diego
Título Ieu m’escondisc, domna: la disculpa entre sonrisas de un señor feudal
Otros autores M. Brea - E. Corral Díaz - M. A. Pousada Cruz
Título revista/libro Parodia y debate metaliterarios en la Edad Media
Ciudad Alessandria
Editorial Edizioni dell'Orso
Año 2013
Páginas 169-181
Colección Medioevo Ispanico
Resumen
Aborda os problemas que suscita o escondit occitano como xénero lírico, propoñendo unha nova interpretación da única peza conservada desa modalidade na tradición en lingua d'oc, Ieu m'escondisc, domna de Bertran de Born. Así, o estudo das aves mencionadas nesa peza, á luz da tradición dos bestiarios, revelaría unha intención xocosa, que mira máis que ás leccións morais que se lles aplican, á reprodución deses animais. Cara a unha interpretación semellante apuntan as características formais da composición e as afinidades que manteñen cos gaps de Peire Vidal e Sordel, así mesmo de ton humorístico. As relacións persoais entre Bertran de Born e Peire Vidal mesmo apuntan a unha posible influencia directa entre ambos trobadores, aínda que resulta difícil establecer cal das súas respectivas pezas tomou á outra, se é que así foi, como modelo
![]()
