«Coordination des répertoires métriques: le cas des constructions hyperstrophiques»
Autor Seláf, Levente
Título Coordination des répertoires métriques: le cas des constructions hyperstrophiques
Título revista/libro Ars Metrica
Año 2007
Volumen 11
Resumen
Análise comparada dos sistemas de clasificación das relacións entre as estrofas dunha composición, que son empregados nos repertorios métricos das diversas tradicións de lírica trobadoresca: occitana, francesa, galegoportuguesa, catalá, diversas escolas italianas ou mesmo tradicións non románicas, como os Minnesänger. O autor céntrase nas que denomina ligazóns hiperestróficas, diferentes das interestrofícas en que estas segundas só lles afectan ás relacións retóricas, estilísticas e fonéticas entre dúas estrofas, mentres que as primeiras se extenden ao longo de toda a composición. O obxectivo do traballo é considerar a posibilidade de elaborar un sistema de clasificación e unha terminoloxía comúns a todas as tradición poéticas, que partan dos puntos en comúns entre elas, pero que sexan capaces de ter en conta as súas especificidades -por exemplo, presentes en recursos exclusivos dalgunha desas tradicións-. A análise de cada unha das tradicións líricas segue as propostas elaboradas por estudosos anteriores: Frank para a lírica occitana, Tavani para a galegoportuguesa, Mölk e Wolzfettel para a francesa, Antonelli para a siciliana, Solimena para a sículo-toscana e a stilnovista ou Parramon u Blasco para a catalá. Conclúe que a homoxeneización dos sistemas de análise das clasificación pode adoptar dúas posibilidades: ou elaborar unha nova proposta común ou adoptar unha proposta de descrición antiga, que pode partir da que ofrecen as Leys d'amors occitanas e que sería sometida ás necesarias adaptacións
![]()
