«"Porque se move a razom [dela]". A ficção da voz feminina nas cantigas de amigo galego-portuguesas»


Autor Roque, Ana Raquel Baião

Título "Porque se move a razom [dela]". A ficção da voz feminina nas cantigas de amigo galego-portuguesas

Otros autores E. Corral Díaz

Título revista/libro Voces de mujeres en la Edad Media. Entre realidad y ficción

Ciudad Berlín - Boston

Editorial De Gruyter

Año 2018

Páginas 362-272


Resumen
Constata a contradición existente na lírica galegoportuguesa, a cal posúe un amplo corpus textual posto en boca de muller e que, porén, non documenta ningunha autora de poesía trobadoresca. Do mesmo xeito, salienta como a Arte de trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa define a cantiga de amigo polo feito de que a súa voz enunciativa estea encarnada por unha muller. Todo isto leva á autora a cuestionarse se é posible incluír as composicións galegoportuguesas -entre as que tamén habería albas, lais, cantigas satíricas e dialogadas- na categoría da canción feminina medieval e comparalas coas poesías escritas realmente por mulleres. Aínda que a resposta que ofrece é positiva, advirte de que non se poden entender esas cantigas sen a presenza real do poeta, que se fai explícita naquelas pezas autorreferenciais nas que o autor se nomea como trobador. Isto sucede en varias cantigas de amigo, como as de Johan Garcia de Guilhade e Johan Baveca. As conclusións sérvenlle á autora para desbotar a distinción que establecera Pierre Bec entre poesías con feminidade textual e con feminidade xenética

Loading