«A antítese no Cancioneiro da Ajuda»
Autor Rodríguez González, Mariola
Título A antítese no Cancioneiro da Ajuda
Título revista/libro O Cancioneiro da Ajuda cen anos despois. Actas do Congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Santiago de Compostela e na Illa de San Simón os días 25-28 de maio de 2004
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Xunta de Galicia
Año 2004
Páginas 627-639
Resumen
Estudo deste procedemento retórico, de grande produtividade na lírica amorosa. Na primeira parte do traballo a autora establece un marco teórico, a partir das definicións que os tratados de retórica soen darlle ao devandito recurso. A segunda parte aplicalles estes presupostos ás cantigas de amor do Cancioneiro da Ajuda, o que permite observar a abundancia de parellas antitéticas nesta compilación poética, especialmente no que se refire aos termos contrapostos ben-mal e viver-morrer. Finaliza apuntando posibles vías para vindeiros estudos, tales como unha posible caracterización cronolóxica ou autorial, vinculación aos topoi da poética amorosa ou tipoloxías máis empregadas
![]()
