«Tradición, (re)traducción e reformulación na General Estoria e na Estoria de Troya afonsinas á luz dun testemuño indirecto do séc. XIV»
Autor Pichel Gotérrez, Ricardo
Título Tradición, (re)traducción e reformulación na General Estoria e na Estoria de Troya afonsinas á luz dun testemuño indirecto do séc. XIV
Título revista/libro e-Spania
Año 2012
Volumen 13
Enlace http://e-spania.revues.org/21124
Resumen
O proceso de creación da General Estoria, especialmente da Estoria de Troya integrada na segunda parte da compilación alfonsí, pode rastrexarse a partir de dous testemuños indirectos do século XIV: o manuscrito BNE MSS/10146 e o ms. 558 da Biblioteca Menéndez Pelayo de Santander. Este traballo céntrase nesta última copia, que conserva a Historia troiana bilingüe, redactada inicialmente en castelán baixo o padroado de Pedro I de Castela, pero que foi completada pouco despois en galego, no seo da corte nobiliaria dos Andrade. Por medio da análise parcial desa interpolación da General Estoria, contida neste testemuño, o autor extrae algunhas conclusións acerca do proceso de compilatio e ordinatio dunha das grandes «estorias unadas» da crónica afonsí
![]()
