«Compilação dos cancioneiros galego-portugueses primitivos»


Autor Penafiel, André B.

Título Compilação dos cancioneiros galego-portugueses primitivos

Título revista/libro Verba. Anuario Galego de Filoloxía

Año 2019

Volumen 46

Páginas 161-206

Enlace DOI: http://dx.doi.org/10.15304/verba.46.4564


Resumen
Revisa o proceso compositivo do Cancioneiro da Ajuda sostendo a súa consideración como compilación. A primeira parte do traballo repasa as propostas que se fixeron sobre a tradición textual da lírica galegoportuguesa, tomando como punto de partida a que elaborou Tavani e que logo foi revisada por autores posteriores. Dende unha perspectiva máis concreta, toma en consideración diversos aspectos materiais do devandito cancioneiro, como o deseño de páxina, no que atende ao número de liñas e a súa relación coas miniaturas; ou as letras capitais, a orde en que foron realizadas e as variacións no seu tamaño; ou, en fin, o texto, as súas características paleográficas e o xeito en que foron transcritos nos sucesivos cadernos. O autor conclúe desta análise que Ajuda é, na súa maior parte, a copia dun cancioneiro perdido ao que se lle engadirían cantigas de Fernan Padron, Pero da Ponte e Vasco Rodriguez de Calvelo tomadas dun Liedersammlung, así como o ciclo de cantigas de Pai Gomez Charinho, todo isto agrupado durante un proceso recompilatorio que ía mudando o seu método segundo avanzaba. Igualmente cuestiónase acerca da relación de Ajuda co arquetipo da tradición textual galegoportuguesa, dos materiais que o constituirían e da relación entre Ajuda e os dous apógrafos italianos (o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e mais o Cancioneiro da Vaticana)

Loading