«Cadernos irregulares: meias-folhas e sua contribuição para o estudo do Cancioneiro da Ajuda»


Autor Penafiel, André B.

Título Cadernos irregulares: meias-folhas e sua contribuição para o estudo do Cancioneiro da Ajuda

Otros autores A. Zinato - P. Bellomi

Título revista/libro Poesía, poéticas y cultura literaria

Ciudad Como - Pavia

Editorial Ibis

Año 2018

Páginas 391-411

Colección Cauterio suave, 17


Resumen
As lagoas do Cancioneiro da Ajuda, manuscrito ibérico confeccionado cara a 1300 e unha das principais fontes da lírica galegoportuguesa, constituíu un reto para os especialistas ao longo dos anos. O manuscrito posúe un elevado número de medias-follas. O presente artigo ofrece un estudo codicolóxico comparativo sobre a variedade de formatos de cadernos en códices de pergameo que foron confeccionados por scriptoria medievais. A partir dunha breve tipoloxía dos cadernos, dedúcese en que circunstancias poderían empregarse medias-follas en vez de bifolios. Establécese daquela unha metodoloxía descritiva capaz de guiar aos codicoloxistas que se atopen ante situacións análogas. Analízanse a continuación seis casos de medias-follas no Cancioneiro da Ajuda, exemplos que ilustran un abano de situacións, dende intervencións medievais a outras que son froito evidente de danos posteriores á Idade Media. Preténdese con iso unha sistematización do estudo das medias-follas, ademais de proporcionar ferramentas analíticas e descritivas aos codicoloxistas en xeral, así como revisar a cuestión específica das lagoas non textuais neste cancioneiro

Loading