«Los testamentos como fuente para la historia social de la nobleza. Un ejemplo metodológico: tres mandas de los Valladares del siglo XV»


Autor Otero Piñeyro Maseda, Pablo S. - García-Fernández, Miguel

Título Los testamentos como fuente para la historia social de la nobleza. Un ejemplo metodológico: tres mandas de los Valladares del siglo XV

Título revista/libro Cuadernos de Estudios Gallegos

Año 2013

Volumen 60

Fascículo 126

Páginas 125-169


Resumen
Ofrécese unha detallada reflexión sobre os testamentos, un tipo de documento que favorece diferentes tipos de abordaxes e estudos (desde a historia social ata a cultural, económica e ideolóxica). Son unha fonte de información valiosa para o estudo da nobreza galega da Baixa Idade Media, tanto no exame de personaxes como en aproximacións a un colectivo nobiliario, para o cal deben quedar implicadas técnicas prosopográficas e xenealóxicas que conduzan á identificación e á reconstrución das filiacións e parentelas. Así mesmo, estes documentos brindan informacións relevantes a través dos usos de fórmulas de tratamento, de hábitos onomásticos, de relacións matrimoniais da nobreza galega medieval, etc. Ademais, aténdese a cuestións relativas aos bens transmitidos, entre os que merece especial mención a transmisión de útiles e materiais de escritura, documentos e arcas de arquivos familiares, libros e librerías, así como instrumentos musicais, que son un indicio do nivel cultural desta nobreza. Os testamentos permiten tamén aproximacións a cuestións escatolóxicas: a chegada da morte, o futuro da alma, o enterramento. Coa finalidade de ilustrar as reflexións anteriormente verquidas, a parte final do traballo consiste na edición e comentario de tres mandas testamentarias de membros da familia dos Valladares

Loading