«The Reception of Geoffrey of Monmouth in the Crown of Aragon»


Autor Otaño Gracia, Nahir I.

Título The Reception of Geoffrey of Monmouth in the Crown of Aragon

Otros autores G. Henley - J. Byron Smith

Título revista/libro A Companion to Geoffrey of Monmouth

Ciudad Leiden - Boston

Editorial Brill

Año 2020

Páginas 437-441

Colección Brill's Companions to European History, 22


Resumen
Destácase a utilización da Historia regum Britanniae por parte da historiografía aragonesa como un medio de lexitimación da expansión da Coroa de Aragón e de creación dunha historia mítica que exaltase os seus monarcas. Este propósito obsérvase, por exemplo, no seu emprego por parte de dous dos máis importantes historiadores cataláns, Ramon Muntaner e Bernat Desclot. Destácase, así mesmo, como a vinculación de Cataluña con Provenza, pero tamén co mundo mediterráneo, favoreceu a penetración desde o sur de Francia dos textos de Monmouth, tal e como se desprende da súa participación na cultura trobadoresca occitana. A influencia do historiador galés percíbese, en fin, noutras obras, como os Anais navarro-aragoneses, a Grant Crónica d’Espanya de Fernández de Heredia ou a compilación do ms. BnF. esp. 13, que reúne, entre outros textos, unha tradución catalá da Historia regum Britanniae, xunto a unha Crónica d’Espanya, tradución catalá de Jiménez de Rada, e a Genealogía dels reis d’Aragó de Jaume Domènech

Loading