El arte de trovar de amor. Nuno Eanes Cerzeo y su producción poética
Autor Nuno Eanes Cerzeo
Título El arte de trovar de amor. Nuno Eanes Cerzeo y su producción poética
Editor edición y estudio Déborah González - estudio biográfico José António Souto Cabo
Ciudad Alessandria
Editorial Edizioni dell'Orso
Año 2018
Páginas 226
Colección Medioevo Ispanico, 8
Resumen
Atendendo á figura do trobador Nuno Eanes Cerzeo e á súa traxectoria biográfica, o libro ábrese cun actualizado «Estudo biográfico» (pp. 3-17), que se complementa dun «Apéndice documental» (pp. 19-25), a cargo de J. A. Souto Cabo. A parte nuclear do volume consiste na edición interpretativa e a análise das cantigas do trobador Nuno Eanes Cerzeo, a cargo de D. González (pp. 75-190); previamente, ofrécense varios capítulos sucesivos en relación co estudo da obra, consistente en nove cantigas de temática amorosa transmitidas no primeiro sector do cancioneiro B: «Tradición manuscrita» (pp. 31-63), B, testimonio único» (pp. 65-68), e a exposición dos «Criterios de edición» (pp. 69-73); pechando o libro ofrécese un capítulo que funciona a modo de recapitulación, titulado «El arte de trovar de amor. Consideraciones finales acerca de la poética de Nuno Eanes Cerzeo» (pp. 191-201), e un «Índice de rimas» (pp. 203-205). Desde o punto de vista técnico, Nuno Eanes é definido como un versificador hábil e de técnica pulida. Na súa produción sobresase, pola súa maior singularidade, o que se ten considerado como o único descordo seguro dos cancioneiros da escola galego-portuguesa, Agora me quer'eu ja espedir
![]()
