«Ripetizione, parallelismo e leixaprén: il testo e la musica»


Autor Nagy, Ella Bernadette

Título Ripetizione, parallelismo e leixaprén: il testo e la musica

Título revista/libro Ars Metrica

Año 2012

Enlace http://ars-metrica.germ-ling.uni-bamberg.de/201205-2/ripetizione-parallelismo-e-leixapren-il-testo-e-la-musica/


Resumen
A autora distingue, dentro da lírica galegoportuguesa, aquelas cantigas construídas de acordo cun esquema métrico de tipo coreográfico -é dicir, de forma métrica fixa con refrán e pensadas para o canto dun solista acompañado dun coro- daquelas outras que reproducen unha escena de baile. A esta segunda categoría pertencen pezas de Airas Nunes, Johan Zorro ou Martin Codax, así como dous dos lais de Bretanha e, a pesar de que todas elas conteñen termos como bailar e bailada non se adecuan a un esquema métrico definido. O xénero existiría, a pesar do silencio que ao respecto mantén a Arte de trovar, xa que está mencionado na rúbrica a unha cantiga de Johan de Gaia (B1452 / V1062), pero non posuímos trazos dabondo para caracterizalo. Por iso, a relación do devandito xénero coa música debe reconstruírse a partir de hipóteses, tal e como fai a autora, tendo en conta as estruturas métricas das cantigas de amigo e a relación das cantigas profanas con refrán intercalar con aquelas Cantigas de Santa María que presentan esquemas zexelescos. Saliéntase que, fronte aos esquemas métricos fixos das cantigas coreográficas francesas e occitanas, como os rondeaux e as dansas, as bailadas galegoportuguesas poden ter estruturas rímáticas e melódicas variables

Loading