É perigoso sintetizar a Idade Media. Literatura medieval e interfaces europeias na obra de Mário Martins
Autor Morán Cabanas, Maria Isabel - Franco, José Eduardo
Título É perigoso sintetizar a Idade Media. Literatura medieval e interfaces europeias na obra de Mário Martins
Ciudad Lisboa
Editorial Esfera do Caos Editores
Año 2015
Páginas 255
Resumen
Achegamento á vida e á obra do xesuíta portugués, do que se salienta a amplitude do seu interese pola literatura medieval. Debido a isto, a produción crítica de Mário Martins abrangue todos os xéneros da literatura medieval e unha gran variedade de motivos e temas. Este enfoque amplo levouno, así mesmo, a se centrar na literatura portuguesa, pero atendendo sempre ás súas relacións coas outras literaturas ibéricas ou mesmo europeas. O presente volume comeza cun perfil biográfico do devandito estudoso e un rapaso ás publicacións ao través das cales difundiu os seus traballos, entre as que destacan a revista Brotéria e a Revista de Filologia Portuguesa. Segue un repaso ás súas principais vías de investigación: haxiografía, libros de viaxes, tratados doutrinais e morais, regras monacais, historiografía, literatura enciclopédica, literatura cabaleiresca (con especial interese polo ciclo artúrico), lírica trobadoresca, o teatro medieval portugués e a dramaturxia de Gil Vicente. Pero tamén estudou a recepción da cultura e a literatura medievais nos séculos máis recentes e os procesos de reinterpretación e recreación aos que foron sometidas, tanto en Portugal (por exemplo, na narrativa de Camilo Castelo Branco ou de Eça de Queiroz) como en Brasil. O volume remata cunha bibliografía completa da produción de Mário Martins e cunha escolma de algúns dos seus traballos
![]()
