«O ofício do jogral: presença e performance nas cantigas satíricas galego-portuguesas»
Autor Marques, Janaína
Título O ofício do jogral: presença e performance nas cantigas satíricas galego-portuguesas
Otros autores org. J. C. Ribeiro Miranda - rev. R. da Câmara Silva
Título revista/libro En Doiro antr'o Porto e Gaia. Estudos de Literatura Medieval Ibérica
Ciudad Porto
Editorial Estratégias criativas
Año 2017
Páginas 687-693
Colección Estudos Medievais, 5
Resumen
A autora parte dos presupostos establecidos por Maria Luisa Meneghetti, no seu estudo da recepción trobadoresca, e de Paul Zumthor, polo que se refire á performance poética, para analizar en diversas cantigas os reflexos textuais da súa dimensión espectacular. Para iso, comeza salientando a importancia do público no proceso de transmisión oral das cantigas, segundo testemuñan a Arte de trovar do cancioneiro B ou diversas composicións do propio corpus trobadoresco. Analízanse, daquela, conceptos fundamentais que se refiren á cualidade da composición e o canto, como o bon son, que está ben rimado e iguado, referencias á oralidade e á xestualidade, ou as declaracións de xograres que se gaban da mestría das súas pezas, como Lourenço, ou de trobadores que os censuran polo contrario. No traballo fanse referencias a cantigas de Martin Soarez ou a tensos de Lourenço con Rodrig’Eanes e Pedr’Amigo de Sevilha
![]()
