«Intertestualità, imitazione metrica e melodia nella lirica romanza delle origini»
Autor Lannutti, Maria Sofia
Título Intertestualità, imitazione metrica e melodia nella lirica romanza delle origini
Título revista/libro Medioevo Romanzo
Año 2008
Volumen 32
Fascículo 1
Páginas 3-28
Resumen
Tras unha introdución sobre a xénese e o significado do termo contrafactum en sentido musical, estuda a relación entre texto poético e texto musical -en particular nos casos de imitación poética- na lírica románica das orixes. Aínda destacando a importancia do estudo da melodía para a interpretación do texto, sostén a necesidade de manter separados o aspecto métrico do melódico. A través de varios exemplos, mostra que a entoación se configura a miúdo como unha modalidade executiva e que a elección da melodía depende da tradición manuscrita musical. Polo tanto «l'imitazione è in primo luogo imitazione metrica (...) mentre l'imitazione melodica è una componente accessoria e si può pensare che in molti casi essa sia frutto dell'iniziativa dei copisti» (p.20). Só nos xéneros menores a melodía condiciona o texto poético e iso xusto é o que sucede na cantiga de seguir da Arte de Trovar do Cancionero Colocci-Brancuti, na que se compón o texto a partir da melodía doutro poema. En cambio, nos xéneros maiores a melodía aplícase sempre despois de compoñer o texto. A análise pretende demostrar o inadecuado da definición de imitación métrico-melódica aplicada á simple coincidencia métrica
![]()
