«A emerxencia da figura do rei de Galiza na literatura francesa. O Roman de Ponthus à luz das Crónicas de Froissart»
Autor Harguindey Banet, Henrique
Título A emerxencia da figura do rei de Galiza na literatura francesa. O Roman de Ponthus à luz das Crónicas de Froissart
Título revista/libro Grial. Revista Galega de Cultura
Año 2014
Volumen LII
Fascículo 202
Páginas 130-137
Resumen
Analiza o personaxe do rei de Galiza, que actúa como protagonista no roman francés de Ponthus et Sidoine, primeiro elo dunha cadea que chega, xa no século XIX, ata Víctor Hugo. O autor atopa o por que desa figura literaria do rei galego na presenza en Galicia de soldados franceses, bretóns e ingleses -entre eles, o célebre Bertrand Duguesclin- durante os anos que seguiron á Paz de Bretigny (1360) e coincidindo coa ocupación do noroeste peninsular por parte do duque de Lancaster. Pero tamén salienta a presenza de nobres galegos na corte inglesa, durante a segunda metade do século XIV. Para iso, reconstrúe os acontecementos que teñen lugar nese período, a partir dos datos fornecidos polas Crónicas de Froissart, aínda que tamén ten en conta narracións do ciclo carolinxio, como a Chanson d'Aiquin
![]()
