«Ingenio y arte en la lírica gallegoportuguesa. En torno a una cantiga de Gil Perez Conde y la retórica clásica»
Autor Gutiérrez García, Santiago
Título Ingenio y arte en la lírica gallegoportuguesa. En torno a una cantiga de Gil Perez Conde y la retórica clásica
Otros autores M. Brea - E. Corral Díaz - M. A. Pousada Cruz
Título revista/libro Parodia y debate metaliterarios en la Edad Media
Ciudad Alessandria
Editorial Edizioni dell'Orso
Año 2013
Páginas 249-263
Resumen
Analiza a recepción dos preceptos da retórica clásica á luz da cantiga «Jograr, tres cousas avedes mester» de Gil Perez Conde, na que se lle nega a un xograr a capacidade como compositor de pezas poéticas. O proceso poetolóxico coñecía, dende a Antigüidade, unha dobre concepción: a que o consideraba ligado a condicións naturais, que se posuían de xeito innato, e a que o asociaba ao estudo e á aprendizaxe, que salientaba o carácter técnico da poesía. A recepción medieval destas doutrinas, a través sobre todo das ensinanzas de Horacio, pasou pola exaltación do autor como artifex, que adquiriu grande auxe co platonismo do século XII, e atopou eco tanto nas artes poetriae dos séculos XII e XIII como no tratados poético-gramaticais occitanos. Na lírica trobadoresca, tanto occitana como galegoportuguesa, esta dialéctica vese interferida polas disputas entre trobadores e xograis, que están tinxidas dun compoñente sociolóxico e que se poñen ao servizo das pretensións trobadorescas de facer da composición poética unha manifestación do seu elitismo aristocrático
![]()
