«Guncina González volens ire Iherusalem»


Autor González-Paz, Carlos Andrés

Título Guncina González volens ire Iherusalem

Otros autores C. A. González-Paz

Título revista/libro Women and Pilgrimage in Medieval Galicia

Ciudad Surrey (UK) - Burlington (USA)

Editorial Ashgate

Año 2015

Páginas 51-63

Colección Compostela International Studies in Pilgrimage History and Culture


Resumen
Aborda a relación de Galicia e Santiago dende o punto de vista, non da chegada de peregrinos foráneos, senón dende o dos peregrinos galegos que partían en peregrinación a outros centros de devoción , en particular a Terra Santa. Aínda que estas viaxes adoitaban ser emprendidas por homes, documéntase o caso de Guncina González, que viviu entre finais do século XI e comezos do XII e que expresou por escrito o seu desexo de partir para Xerusalén. Analízanse, daquela, as orixes deste personaxe e a súa vinculación coa liñaxe dos Traba, co que emparentou grazas ao seu matrimonio, ca. 1087, con Rodrigo Froilaz, fillo de Froila Vermúdez e o conde Pedro Froilaz. Tanto Guncina como outras mulleres da familia dos Traba gozaron dunha relativa liberdade e capacidade de acción, o que lles permitiu, no só administrar os seus patrimonios, senón, como sucedeu con Guncina, mesmo considerar a posibilidade de marchar a Xerusalén. Aínda que non se sabe se Guncina realizou ese desexo, outros membros dos Traba, dos que se traza o seu perfil, si que foron a Terra Santa en peregrinación e co gallo da súa participación nas cruzadas

Loading