«Esta cantiga fez Pero Velho de Taveiroos e Paai Soarez, seu irmãao… A manciña indicadora no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (códice 10991)»


Autor González Martínez, Déborah

Título Esta cantiga fez Pero Velho de Taveiroos e Paai Soarez, seu irmãao… A manciña indicadora no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (códice 10991)

Título revista/libro Revista de Cancioneros Impresos y Manuscritos

Año 2013

Volumen 2

Páginas 31-60

Enlace http://www.cancioneros.org/adjuntos/rcim/2/RCIM%202%20-%20D%C3%A9borah%20Gonz%C3%A1lez%20Mart%C3%ADnez.pdf


Resumen
Analiza a presenza do signo gráfico en forma de man indicadora, que emprega Colocci nas súas anotacións aos cancioneiros galegoportugueses. A autora distingue o seu uso xunto a rúbricas atributivas, explicativas e codicolóxicas, así como acompañando o texto das cantigas e na Tavola colocciana. Conclúe que a man serviría para indicar unha rúbrica ou unha peza poética, salientándoas dos texto de arredor, pero nunca para emendar, dentro da páxina, a mala colocación de ningunha delas por mor de alteracións no proceso de copia. Isto permítelle rexeitar a teoría que desenvolvera J.-M. D’Heur arredor da atribución autorial das cantigas reproducidas no f. 35v do Cancioneiro da Biblioteca Nacional. O estudoso belga adxudicáralle a serie de cantigas B140-142 a Nun’Eanes Cêrzeo, pois precisamente creu que unha man debuxada por Colocci servía para corrixir a disposición da rúbrica explicativa de B142

Loading