«As sete lendarias pontes que Fernán Pérez de Andrade o Bo mandou facer no Camiño Inglés»
Autor Fonte Sardiña, José
Título As sete lendarias pontes que Fernán Pérez de Andrade o Bo mandou facer no Camiño Inglés
Título revista/libro Cátedra. Revista eumesa de estudios
Año 2017
Volumen 24
Páginas 159-200
Resumen
O traballo fai unha dobre introdución histórica, primeiro sobre a evolución das peregrinacións a Santiago e o desenvolvemento do Camiño Inglés, cuxo esplendor sitúa nos séculos XV e XVI, ata que Henrique VIII de Inglaterra rompeu relacións coa Igrexa de Roma; e logo, sobre a figura de Fernán Pérez de Andrade, que co seu apoio a Henrique de Trastámara consolidou o seu dominio sobre o norte de Galicia. Repasa a continuación cada unha das sete pontes do camiño xacobeo que a lenda lle atribúe ao conde de Andrade: a do Burgo, a de Xuvia, a Ponte Baxoi e a ponte do Porco -ambas en Santa María de Castro, no concello de Miño-, a de Lambre, a de Sigüeiro e a Ponte de Pedra de Pontedeume. De cada unha delas faise unha descrición e unha sinopse histórica, recollendo tamén as tradicións populares e lendas que se lles asocian
![]()
