«Usos do adxectivo alegre na lírica galegoportuguesa»
Autor Fidalgo, Elvira
Título Usos do adxectivo alegre na lírica galegoportuguesa
Otros autores M. Brea
Título revista/libro La expresión de las emociones en la lírica románica medieval
Ciudad Alessandria
Editorial Edizioni dell’Orso
Año 2015
Páginas 263-280
Colección Medioevo Ispanico, 6
Resumen
Traballo dedicado ás ocorrencias de alegre, alegrar, alegria e alegrança (non patrimoniais da lingua galego-portuguesa, que contaba con ledo, lidiça-lidiçia) no interior de varias cantigas de amor galego-portuguesas: O gran viç'e o gram sabor e Senhor, que bem parecedes! de don Dinis, Pois min amor non quer leixar, Que muito m'eu pago d'este verão e Amor faz a min amar tal senhor de Airas Nunez, Ben poss'Amor e sseu mal endurar de Martin Moxa e Ora começa o meu mal de Roi Fernandiz de Santiago. Aínda que a data de confección exacta para cada unha destas composicións é dificilmente concretable, todos os autores parecen coincidir no terceiro cuarto do século XIII. O reducido número de textos na lírica profana que incoporan un termo tan novidoso como alegre (ou outro da mesma familia), máis común noutros ambientes compositivos, conduce a conxecturar un emprego consciente por parte dos autores e a estimar unha sorte de debate sobre o tópico do joi de amor, coa intención de invertir unha das características máis marcadas do xénero da cantiga de amor desde a súa orixe
![]()
