«Presenças musicais: do Cancioneiro de Resende ao Cancioneiro de Elvas (passando pelo Cancioneiro da Biblioteca Nacional)»
Autor Ferreira, Manuel Pedro
Título Presenças musicais: do Cancioneiro de Resende ao Cancioneiro de Elvas (passando pelo Cancioneiro da Biblioteca Nacional)
Otros autores org. C. Almeida Ribeiro - S. Rodrigues de Sousa
Título revista/libro ACT 24 - Cancioneiro Geral de Garcia de Resende. Um livro à luz da história
Ciudad Vila Nova de Famalicão
Editorial Edições Húmus - Centro de Estudos Comparatistas
Año 2012
Páginas 105-121
Resumen
Aínda que o Cancioneiro geral contén diversas composicións que se refiren á práctica musical, o autor céntrase especificamente sobre aquelas que aluden á «guerra» entre un tenor e un «tipre» ou «tiple» (terceira voz da polifonía). Entre estas atópanse poemas de Tristão da Cunha, Manuel Godinho, Bertolameu da Costa, Lionel Rodriguez, Duarte d'Almeida, Rodrigo de Magalhães, Luiz Fernandez, Joam de Montemor, Afonso Valente, Fernam de Crasto e Gonçalo Gomes da Silva. Neles atópanse, por exemplo, o tópico do desacordo fronte á harmonía polifónica, así como referencias a misas. Tamén se analizan outros casos de poemas satíricos, nos que se fai referencia a cuestións musicais, como una poesía de Afonso X, contida no Cancioneiro da Biblioteca Nacional. O autor refírese así mesmo a diversos cancioneiros do século XVI con notacións musicais que reflicten as características e tendencias da música de entón. Entre eles estarían o Cancioneiro Masson e o Cancioneiro de Elvas
![]()
