«Portugal e as variações artísticas de um culto: a iconografia de Santiago na escultura dos séculos XIII e XIV»


Autor Fernandes, Carla Varela

Título Portugal e as variações artísticas de um culto: a iconografia de Santiago na escultura dos séculos XIII e XIV

Título revista/libro Ad Limina

Año 2020

Volumen XI

Páginas 85-110


Resumen
Estudo da iconografía xacobea a partir de certas esculturas devocionais e relevos, prestando atención ás variacións artísticas dependentes de factores espirituais ou de orde política que terían peso en cada época. Entre outras cuestións, estúdanse os motivos presentes no túmulo de D. Rodrigo Sanches, fillo ilexítimo do rei Sancho I, a imaxe de Santiago que debeu formar parte do portal da igrexa de Sernancelhe, presentándose de maneira diferenciada dos restantes apóstolos a través dunha escarcela con vieiras. Tamén do séc. XIII, aténdese á representación localizada na abadía cisterciense de Santa Maria de Celas (Coimbra), que, segundo a autora, remitiría a unha fase inicial da iconografía do Santiago Matamouros, predominando o modelo de Santiago como Cabaleiro de Cristo; tamén advirte a introdución de elementos que procederían dun fondo cultural máis antigo, perceptibles a través dunha figura caracterizada polo seu volume que tería como modelos ao xigante Ferraguto e a representación dos exércitos musulmáns combatidos por Santiago, e a dun cabaleiro a cabalo que é proposto como mestura simbólica entre Roland, o Cabaleiro Victorioso, e o Santiago a cabalo. Estúdase, así mesmo, o relevo do séc. XIV dun Santiago Matamouros esculpido en pedra, na igrexa de Santiago Cacém (Setúbal). O traballo estuda igualmente outras representacións do século XIV, en especial a reproducida no túmulo da Raíña Santa Isabel

Loading