«La légende de Dona Marinha: mythologie et généalogie»
Autor Delpech, François
Título La légende de Dona Marinha: mythologie et généalogie
Título revista/libro Cuadernos de Estudios Gallegos
Año 2008
Volumen 121
Páginas 407-425
Resumen
A lenda de Dona Mariña aparece no Livro de linnhagens do Conde D. Pedro, como outros relatos que, a través de elementos folclóricos, proporcionábanlles unha orixe mítica a diversas liñaxes peninsulares e europeas da Baixa Idade Media. Neste caso, tratábase de explicar o nacemento da casa galega dos Mariño. O autor pescuda nas semellanzas e diferenzas que presenta a historia de Dona Mariña con outras nas que aparecen fadas de tipo melusiniano, ao tempo que explica a funcionalidade social que podería ter un relato desta clase. Relaciónao, daquela, coas tensións que provocaría un matrimonio exogámico, tendo en conta factores como a posibilidade dunha transmisión matrilineal da liñaxe e a preponderancia do poder masculino, propio da sociedade feudal
![]()
