«Maria Balteira, a Woman Crusader to Outremer»
Autor Corral Díaz, Esther
Título Maria Balteira, a Woman Crusader to Outremer
Otros autores C. A. González-Paz
Título revista/libro Women and Pilgrimage in Medieval Galicia
Ciudad Surrey (UK) - Burlington (USA)
Editorial Ashgate
Año 2015
Páginas 65-80
Colección Compostela International Studies in Pilgrimage History and Culture
Resumen
As cantigas profanas galegoportuguesas ofrecen o contrapunto lúdico das peregrinacións, que a miúdo eran unha empresa perigosa. De entre os contemporáneos aos que se lles atribúe a viaxe a Terra Santa destaca a soldadeira Maria Balteira, protagonista de dúas cantigas satíricas, que son analizadas no presente traballo: Maria Perez a nosa cruzada de Pero da Ponte e Maria Malteyra que se queria de Pedr'Amigo de Sevilha. Ambas composicións forman parte do ciclo poético de Ultramar, formado por trece cantigas e no que participaron outros trobadores, como Johan Baveca, Martin Soarez, Afons'Eanes do Coton, Pero d'Ambroa ou Gonçal'Eanes do Vinhal, todos eles baixo a promoción de Afonso X. O traballo repasa a condición social e profesional das soldadeiras, así como a biografía e a personalidade de Maria Perez, para, a continuación, considerar a posibilidade de que a soldadeira peregrinase ou non a Ultramar
![]()
