«Sobre los rasgos lingüísticos occidentales del Lanzarote del Lago (ms. 9611 BNE): algunas consideraciones»


Autor Contreras Martín, Antonio

Título Sobre los rasgos lingüísticos occidentales del Lanzarote del Lago (ms. 9611 BNE): algunas consideraciones

Título revista/libro Verba. Anuario Galego de Filoloxía

Año 2012

Volumen 39

Páginas 323-332


Resumen
O autor aborda o estudo lingüístico do texto como un medio de dilucidar non só a procedencia xeográfica da súa redacción orixinal, senón unha das posibles vías de difusión da materia de Bretaña pola Península Ibérica. Para tal fin, ten en conta os diferentes copistas que transcribiron o texto, observando que os trazos clasificables como occidentalismos se deben sobre todo ás tres primeiras mans, sobre catro, que interviñeron nese labor. As características analizadas organízanse segundo unha posible orixe tanto galega como portuguesa; á vez galega, portuguesa e leonesa; e só leonesa. As conclusións non son determinantes, pois mantéñense abertas as hipóteses de que ou ben ditos trazos lingüísticos estiveron xa na primeira tradución hispana ou ben se incorporaron máis tarde, a través de copistas occidentais. Destaca, de todas formas, a importancia que as áreas xeográficas periféricas tiveron para a propagación da materia artúrica pola Península

Loading