«Bibliotecas imaginadas de la España medieval»
Autor Bizzarri, Hugo O.
Título Bibliotecas imaginadas de la España medieval
Título revista/libro Versants
Año 2007
Volumen 53-54
Páginas 11-41
Resumen
Sobre a creación da biblioteca como un espazo literario. Parte do concepto de biblioteca ideal, que expresan San Isidoro nas súas Etimoloxías e Afonso X na Partida II. Estuda logo unha serie de bibliotecas, como a do templo de Hermes en Poridat de las poridades; a biblioteca erótica do Deán de Cádiz, na cantiga profana de Afonso X; a biblioteca de Apolonio; a de don Yllán de Toledo, no exemplo número 11 do Conde Lucanor; e a biblioteca doutrinal da corte papal, que aparece na Estoria de los cuatro dotores de la Santa Eglesia. Obsérvase que a biblioteca nestas obras non desenvolveu un papel pasivo, senón que, polo contrario, funcionou como resorte da historia de todas estas narracións
![]()
