«Lusismos del español: de la poética a la preceptiva literaria»


Autor Beltran, Vicenç

Título Lusismos del español: de la poética a la preceptiva literaria

Otros autores a cura di Giulia Lanciani

Título revista/libro Da Roma all'Oceano. La lingua portoghese nel mondo. Atti del convegno 'Da Roma all'Oceano' (Roma, 29-30 marzo 2007)

Ciudad Roma

Editorial La Nuova Frontiera

Año 2008

Páginas 45-65


Resumen
Analiza a terminoloxía amatoria e poética propia do castelán do século XV: leixa-prende, macho e fembra, palavra perduda, manzobre, seguida e seguir, que na súa maioría poden ser creacións serodias, aínda que dalgunhas queden pegadas no período galaico-portugués; o mesmo sucede con cantiga e desfecha. A continuación ocúpase doutros termos, como assonar e os seus derivados, que, presentes xa no castelán do s. XIII, deben proceder da lírica galaico-portuguesa, o mesmo que finida, entendedor e drudo. Aínda que para os últimos a tradición lexicográfica española soe invocar unha orixe occitana, a súa aclimatación na lírica galaico-portuguesa e nas Cantigas de Santa María, así como o uso, cos mesmos valores, na prosa afonsí, garantizan unha orixe inmediata nos trobadores galegos. O conxunto destes termos, de orixe indubidablemente galega ou portuguesa, é testemuño indiscutible da existencia dunha tratadística perdida, nacida na súa maior parte tras o período trobadoresco, cuxos últimos restos se conservaron nas rúbricas do Cancionero de Baena e cuxo uso e pervivencia non soe ir máis alá de mediados do século XVI, en que son varridos pola preceptiva italianizante

Loading