«Layout and Structure of the Toledo Manuscript of the Cantigas de Santa Maria»
Autor Parkinson, Stephen
Título Layout and Structure of the Toledo Manuscript of the Cantigas de Santa Maria
Otros autores S. Parkinson
Título revista/libro Cobras e Son. Papers on the Text, Music, and Manuscripts of the 'Cantigas de Santa Maria'
Ciudad Oxford
Editorial Legenda - Oxford University Press
Año 2000
Páginas 133-153
Resumen
Tomando como punto de partida os estudos realizados por M. P. Ferreira sobre o códice de Toledo (To), afirma que tal testemuño textual non é só o exemplar máis antigo que chegou ata nós, senón que se trata da primeira compilación realizada das Cantigas de Santa María. Para este propósito, leva a cabo unha análise comparada entre todos os códices do cancioneiro mariano, no que se teñen en conta os elementos decorativos dos manuscritos, as deficiencias que neste particular mostra To fronte aos outros testemuños, así como o deseño da páxina dos diferentes cancioneiros afonsíes. Conclúe que To foi o volume experimental, co que o taller do Rei Sabio aprendeu o labor de combinar texto e música, logo desenvolvido (e ampliado, coa inserción de miniaturas) nos códices posteriores, máis logrados formalmente
![]()
