«Tradicionalismo e inovação musical na cantiga paralelística»
Autor Ferreira, Manuel Pedro
Título Tradicionalismo e inovação musical na cantiga paralelística
Otros autores A. Rodríguez Guerra - X. B. Arias Freixedo
Título revista/libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax. The Golden Age of Medieval Galician Poetry / O esplendor da poesía galega medieval
Ciudad Amsterdam - Philadelphia
Editorial John Benjamins Publishing Company
Año 2018
Páginas 239-255
Resumen
O autor parte da necesidade de distinguir entre as cantigas de amigo paralelísticas e as que non o son, así como da necesidade de encarar o estudo da música desas pezas de xeito diferenciado. Isto aféctalle ás cantigas de Martin Codax e á cuestión da orixe da súa música e de canto teñen de popular, remontable á lírica tradicional feminina, e canto de elaboración cortesá trobadoresca. Estúdanse, daquela, as propostas que sobre o corpus de Martin Codax foron elaborando os musicólogos ao longo dos anos, ao tempo que se pon en relación a produción codasiana coas Cantigas de Santa María. Propón establecer dous grupos dentro das poesías de Martin Codax, segundo o maior ou menor tradicionalismo da súa proposta musical: o primeiro estaría constituído polas cantigas I, IV, V e VII, mentres que o segundo conformaríano as cantigas II e III. Cada un deles caracterizaríanse por afinidades dispares nos planos rítmico e melódico, pero tamén pola utilización de notación mensural no primeiro caso e modal no segundo. Propón así mesmo unha nova edición musical das cantigas II e III
![]()
