«A figura da mulher nas canções de malmaridadas no universo românico medieval»
Autor Cunha, Viviane
Título A figura da mulher nas canções de malmaridadas no universo românico medieval
Otros autores E. Corral Díaz
Título revista/libro Voces de mujeres en la Edad Media. Entre realidad y ficción
Ciudad Berlín - Boston
Editorial De Gruyter
Año 2018
Páginas 373-380
Resumen
Repasa as características xerais de canción de malmaridada, tomando como punto de referencia o corpus poético dos trouvères. Téñense en conta os trazos que Gaston Paris lles adxudicara a esas pezas, aínda que tamén se establecen ligazóns con outras variedades de canción de muller, como a canción de tear ou a chanson de nonnette, e mesmo se fan algunhas alusións a outras tradicións poéticas contemporáneas, como a lírica occitana e a galegoportuguesa. Da malmaridada destaca a súa condición marxinal nunha sociedade patriarcal, reflexo das condicións desiguais, dende o punto de vista xenérico, en que se arranxaban os matrimonios na Idade Media, e que ás veces mesmo ten que soportar a violencia masculina
![]()
