«"… numa clara homenagem aos nossos cancioneiros". Eugénio de Andrade e a lírica galego-portuguesa»


Autor Barberini, Fabio

Título "… numa clara homenagem aos nossos cancioneiros". Eugénio de Andrade e a lírica galego-portuguesa

Otros autores coord. I. Tomassetti. Ed. R. Alviti -A. Garribba -M. Marini -D. Vaccari. Colab. M. Nogués - I.Turull

Título revista/libro Avatares y perspectivas del medievalismo ibérico

Ciudad San Millán de la Cogolla

Editorial Cilengua

Año 2019

Volumen 1

Páginas 329-339

Colección Instituto Literatura y Traducción, 23. Miscelánea, 10


Resumen
Na longa e prolífica actividade poética de Eugénio de Andrade (1923-2005), a poesía medieval ibérica e, en particular, a lírica galego-portuguesa constitúen un punto de referencia ineludible. A partir do primeiro poema publicado co seu ‘nome artístico’ en 1946 (aquela «Canção dos Cravos», que é, ao mesmo tempo, imitación dunha cantiga de Johan Zorro e elegante homenaxe á lírica medieval) até chegar á vasta selección de cantigas realizada para a sua Antologia Pessoal da poesia Portuguesa (1ª ed. 1999), Eugénio de Andrade nunca deixou de considerar as primeiras raíces da poesía ibérica como un dos momentos máis altos do lirismo peninsular. A música das cantigas (a música das palabras e das sílabas), a perfección formal dalgúns textos e a idea fundamental de «cancioneiro», non só como unha colección de textos líricos, senón tamén como un libro que obedece a un determinado proxecto de autor están entre as máis importantes leccións que o poeta portugués obtén da antiga poesía de Galicia e Portugal. O traballo ten como obxectivo analizar com máis precisión as pegadas desta importante herdanza nos versos de Eugénio de Andrade

Loading